Na loita da Conserva REXEITEMOS A PROPOSTA DE MEDIACIÓN

Na loita da Conserva REXEITEMOS A PROPOSTA DE MEDIACIÓN

Diante da desconvocatoria da Folga da Conserva por parte de CCOO e UXT ao aceptar a proposta do Servizo de Mediación lamentablemente a dirección da CIG fixo exactamente o mesmo tras a manifestación do pasado 24 en Vilagarcia. Desta maneira, as negociacions do convenio da Conserva que se van retomar o 2 de febreiro en Madrid, vaise facer sen a presión da mobilización das traballadoras e os traballadores.

A “paz social” que a patronal e o goberno buscaban so favorece os interese dos empresarios, con todo o seu favor para asinar un convenio a cinco anos que non so é perxudicial para as traballadoras, mas tamen compromete a sua posibilidade de mobilización nun tempo no que ninguén pode previr o que vai pasar a un ano vista.

Se a mobilización social non o impide, a novo convenio manterá a fenda de xenero e suporá un novo retroceso nos salarios; lembremos que o proposto polo servizo de Mediación deixa a resolución da fenda de xenero nas máns da arbitrariedade das empresas e establece unhas subas salariais regresivas, no sentido inverso á aumento do coste da vida, ate o punto que no último ano de vixencia limitase ao 1.5%. De onde saiu esta previsión?.

As direccións de CCOO e UXT pola activa, e a da CIG polas suas dúbidas -hoxe manteño a folga, mañan non-, están xogando coas condicións de vida das traballadoras e traballadores sen tan siquer preguntarlles ás protagonistas, as que van a folga, qué é o que queren facer: se manter ou non as mobilizacións previstas.

Encarar umha negociación colectiva coa patronal de todos sectores, incluida a da conserva, á ofensiva, prantexando duros recortes nas condicións de vida e salarios, sen a forza da mobilización é a mellor garantía dun retroceso de decadas nas nosas vidas.

Por iso, as traballadoras do sector debemos esixir aos principais sindicatos pular pola convocatoria de asembleas en todas as fábricas onde votemos, primeiro, o rexeitamento do plan proposto por Mediación e aceptado por CCOO e UXT, segundo, as nosas reivindiacións e un plan de mobilizacións que meta presión á negociación; que non podan negociar “tranquilos” sabendo que nos centros de traballo vai haber paz social.

Plan de mobilizacións que poden ir desde chamamentos a concentracións diante das fábricas, ate novas manifestacións principalmente no Barbanza, onde ubicánse a maioria delas, pasando por paros parciais, ate a convocatoria de novas xornadas de folga.

O acontecido nestes días co ronsel de “convocatorias/desconvocatorias” pon en evidencia o lastre que é para a loita obreira a división sindical en diversas organizacións. Mentres as cupulas de CCOO e UXT aceptan o plan e desmobilizan; pola sua banda a CIG manten as convocatorias, pero como os dous primeiros xa non van á folga a dirección da CIG xustifícase dicindo que non teñen forza, cando as traballadoras mostraron unha clara vontade de loita. Mentras, sindicatos minoritarios e supostamente combativos como a CUT, ponse de perfil.

O final, son os aparellos e as suas necesidades as que deciden sobre as condicións de vida e salarial das traballadoras e traballadores, cando a realidade debería ser o invés: estas condicións están por riba do que as direccións sindicais queiran facer ou deixar de facer. Por iso, a democracia obreira, a asemblea decide, é tan importante; nela é onde a unidade da clase obreira ten que se manifestar, decidindo cando hai que loitar e cando hai que deixar a loita.

Unha negociación non se decide pola capacidade ou intelixencia dos representantes dos traballadores e traballadoras, senon pola forza da mobilización que teñan detrás. E tras deles non hai nada, como agora, van de camiño directo a asinar un convenio contra as traballadoras e traballadoras.

A democracia e a autoorganización da clase traballadora é a precondición para conquistar mellores condición se vida e salario.


POR UN PLAN DE LOITA VOTADO EN ASEMBLEAS