En apoio á folga do 12 A na Hostalaría

En apoio á folga do 12 A na Hostalaría

 

Para o vindeiro 12 de agosto as e os traballadoras e traballadores do sector da hostalaría da Coruña están convocados á folga, diante da negativa da patronal a negociar desde o 2024.

As reivindicacións céntranse nun incremento salarial do 5% por cada ano de vixencia do convenio, control estricto das horas extras e regularización da xornada; alen de manter o 100% do salario no caso de Incapacidade Temporal.

O que acontece na hostalaría, a negativa da patronal a sentarse a negociar, é unha norma que atinxe a moitos sectores. Sucedeu na conserva a primeiros de ano, no metal, no comercio, que tamén están convocados á mobilización para este agosto, e agora tamén neste sector.

Nun cadro no que a economía de guerra para o rearme está a provocar un aumento do custo da vida, os empresarios con esa negativa fan que os salarios perdan poder adquisitivo, mentres eles suben os prezos. Non esquezamos, quen marca os prezos de todas as mercadorías son os empresarios, desde a alimentación ate o combustible, pasando pola vivenda. Se non suben os salarios, salvo as migallas das cláusulas de revisión, prodúcese unha transferencia de rentas do traballo aos beneficios empresariais.

A negativa do goberno do PSOE-SUMAR a establecer topes máximos nos prezos dos productos necesarios (alimentación, vivenda, combustible,…), deixándoo nas mans do mercado, favorece estas medidas especulativas da patronal. Non esquezamos que este goberno, mais aló de medidas cosméticas, é parte do problema, non da solución.

Os e as traballadoras da hostalaria enfrentan esta convocatoria nunha difícil situación. As cúpulas sindicais convocantes (CCOO, UGT e CIG), non fixeron nada, nin unha mala concentración, salvo unha pequena o ano pasado, para preparar o sector ante unha patronal dura. Nos case dous anos de negociación non fixeron ningunha asemblea para votar a convocatoria de mobilizacións, e menos cara a folga do 12A.

Unha folga é un asunto moi serio como para que as convocatorias, e desconvocatorias, se fagan a golpe de asubío, e ten que ser parte dun plan de mobilizacións aprobado en Asembleas Decisorias. Só así se pode romper a dureza da patronal.

A negociación colectiva non é un problema das cúpulas sindicais, senón do conxunto do sector onde se van decidir as súas condicións salariais e de traballo; e son só eles os que teñen que decidir cándo comeza unha loita e cándo remata: as cúpulas sindicais son os seus servidores, non ao revés. Os traballadores e traballadoras chamadas á folga teñen que decidir cándo, cómo e por qué se fai; deste xeito implicaránse activamente nas mobilizacións

Por iso, a pesar do noso apoio á folga do 12 A, desde o GTR-IV consideramos que é preciso mudar a forma de facer sindicalismo, rompendo coa concepción paternalista que hoxe teñen desde as direccións sindicais. Como demostra a situación da hostalaría e a tomadura de pelo da patronal, a forza das cúpulas sindicais non depende da sua capacidade de negociar, senón da mobilización e actividade dos traballadores e traballadoras: son quen se xogan os salarios, os postos de traballo, …, e son eles e elas os únicos que poden decidir.

A forza dos traballadores e traballadoras depende da sua mobilización, … e tamén da unidade. Como se pode comprobar, a patronal si ten unha liña comun por riba dos sectores (comercio, hostalaría, metal, transporte, conserva, etc.) que se pode sintetizar na consigna: retrasar o máis posible a negociación, e só facelo se se impón desde a mobilización, como aconteceu nalgún caso.

Fronte a esta “fronte común” das patronais agrupadas na Confederación de Empresarios, as organizacións sindicais non poden actuar como se cada sector fose diferente. Se se quere romper a dureza da patronal hai que actuar conxuntamente, convocando días de loita común entre sectores en loita. O 12 A esta convocada a hostalaría, o 15 no comercio da alimentación. Por que non se busca a unidade de ambos sectores co mesmo eixo? Por convenios dignos, “séntense a negociar, XA!”.

Á folga o 12 Agosto

Ningunha desconvocatoria sen asembleas decisorias!

UNIDADE DA CLASE TRABALLADORA CONTRA A PATRONAL!