O presente dossier, froito da elaboración colectiva da militancia de GTR-CI, ten o obxectivo de contribuír ao debate e a preparación política da vangarda da clase traballadora e os pobos do Estado español, para construír o programa da loita pola revolución socialista contra o noso propio imperialismo, o Imperialismo español hoxe representado polo Réxime capitalista e neofranquista do 78, como parte dun proceso revolucionario europeo e internacional. 

Nun momento no que a disputa interimperialista pola hexemonía – entre o bloque liderado polos decadentes Estados Unidos e o bloque encabezado pola puxante China – é o “telón de fondo” tras as principais expresións da barbarie que nos impón o sistema capitalista (xenocidios, guerras, migración forzada de decenas de millóns de traballadores/as, destrución medioambiental,…), consideramos fundamental analizar o papel concreto que, neste escenario, xoga o Imperialismo español. 

Por mor dos actuais feitos de Ceuta – que na nosa opinión, son tamén expresión do devandito “telón de fondo” -; dos/as, polo menos, 141 traballadores/as migrantes mortos tratando de cruzar a fronteira; dos/as miles que o conseguiron e viven hoxe en condicións infrahumanas – vítimas, ademais, de pogromos fascistas alentados pola dereita e a ultradereita (e amparados polas institucións do Réxime do 78) –; e da resposta dada polo Goberno “progresista” de PSOE-Sumar, que consistiu en pechar máis aínda o fronteira sur da Unión Europea en África, e levar a cabo deportacións masivas (en coordinación co Réxime de Mohamed VI); decidimos comezar a “desempoar” a máis recente etapa colonial española – a africana – que como veremos, non é só parte da Historia, senón que conleva, a día de hoxe, responsabilidades directas do Imperialismo español na situación dos/as traballadores/as e os pobos do continente veciño. 

Consideramos que as recentes concentracións antirracistas do 2 de setembro, a largo e ancho do estado – en resposta ás concentracións imperialistas españolas “en apoio a Ceuta” – foron un bo punto de partida e unha moi importante resposta dos/as traballadores/as e os pobos do Estado español, en defensa da unidade da clase obreira, nativa e estranxeira. Cremos firmemente en que este é o camiño: traballar na continuidade das mobilizacións e na articulación dunha fronte única de organizacións sociais, sindicais e políticas, dispostas a encarar a loita contra o Réxime capitalista e neofranquista do 78, desde a independencia política respecto de os 2 grandes bloques do Imperialismo español: o reaccionario de PP e VOX, e o “progresista” de PSOE e Sumar. 

Desde GTR-CI, esperamos que este traballo sexa de utilidade para levar a cabo a gran tarefa común á que estamos chamados/as. 

Vémonos na loita.

Saúdos revolucionarios.