NON HAI TEMPO QUE PERDER; camiñemos hacia a unidad revolucionaria.

NON HAI TEMPO QUE PERDER; camiñemos hacia a unidad revolucionaria.

 


Desde GTR-IV saúdamos fraternalmente a proposta pública lanzada por IZAR o pasado mes de xullo, na que se subliña a necesidade urxente de reagrupar as forzas da esquerda revolucionaria: forzas que asuman a tarefa de actuar como voz electoral e avancen cara a unha intervención conxunta na loita de clases.

Consideramos que, dado o contexto actual —no que a loita pola hexemonía global entre as dúas grandes potencias imperialistas (os EEUU e a China) -e os seus respectivos aliados- se intensifica progresivamente, non podemos analizar a realidade do Estado español de xeito illado. Como vimos sinalando desde hai meses, os conflitos están en aumento (Palestina, Ucraína, Irán…); os tambores de guerra resoan de novo ante un posible ataque ruso a Europa e —máis concretamente— afrontamos directamente a cuestión de Ceuta. Vemos esta dinámica belicista como o escenario idóneo para continuar a ofensiva contra as condicións de vida da clase traballadora. Mentres orquestran guerras pola repartición da tasa de ganancia a nivel mundial, convéncennos de que debemos rearmarnos e, en nome da defensa fronte a un inimigo que eles mesmos provocan, espolian as arcas públicas para destinar fondos ao armamento e á industria bélica, socializando así o custo das súas guerras.

Ó mesmo tempo, os salarios da clase traballadora permanecen estancados mentres os prezos soben a diario, o que provoca unha perda real de poder adquisitivo. A medida que eles acumulan máis riqueza, intensifícase a ofensiva contra a clase traballadora. A vivenda —un dereito fundamental— volveuse totalmente inaccesible, presa da especulación e da mercantilización. Os sistemas educativo e sanitario sofren un desmantelamento crecente, o que desencadea loitas intensas que, porén, permanecen aínda incipientes e desunidas.

Ante este escenario, coincidimos en que é responsabilidade de todo revolucionario unirse e facer visible a alternativa. É prioritario desmontar a narrativa do “mal menor” e a da extrema dereita, así como afirmar con claridade que tanto o racismo como a extrema dereita son ferramentas empregadas polo sistema para fragmentar a clase traballadora (sexa nativa ou estranxeira), aínda que non sexan as únicas. Vimos, por exemplo, como nos últimos meses o aparello do Réxime do 78 asumiu un papel activo a través da xudicatura para protexer os intereses do gran capital. Resulta máis imperativo ca nunca defender o argumento de que á extrema dereita e o racismo non se poden derrotar sen romper co Réxime do 78 e as súas institucións, institucións que constitúen o legado da época franquista.

No que respecta á tarefa electoral, entendemos que o que máis importa é o programa que se propoña; con este fin, suxerimos partir do programa que IZAR presentou para as eleccións andaluzas de 2026, ampliándoo e adaptándoo ao ámbito estatal. Así mesmo, recoñecemos a necesidade de garantir a liberdade de campaña durante todo o proceso electoral. Este escenario electoral debe servir, ante todo, como altofalante e ferramenta para difundir o noso programa e para mobilizar a clase traballadora —e as súas loitas— e a mocidade.

O debate continúa despois das eleccións, pois a tarefa máis importante —ao noso parecer— non é a candidatura en si, senón utilizala como a primeira pedra para construír unha coordinación sólida entre as diversas organizacións co obxectivo de forxar a unidade e a acción conxunta na loita de clases —tal e como sinalan acertadamente os nosos compañeiros— contra a patronal, o racismo, a extrema dereita,  a mercantilización da vivenda, o Réxime do 78 e as súas institucións, entre outros aspectos. A nosa tarefa e responsabilidade é construír unha auténtica alternativa revolucionaria, non unha impulsada meramente polo electoralismo.

 

Atoparémonos alí para debater e construír; Non Hai Tempo que Perder para a unidade revolucionaria!