25 N, DÍA DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
25 N, DÍA DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Este 25N dase nun ciclo de grandes mobilizacións sociais no Estado Español e en Europa que aquí comezou coas manifestacións por unha vivenda digna, derivou na Folga Xeral do 11N pola vivenda, os salarios e os servizos públicos, e agora dá un paso coas convocatorias contra a violencia machista.
Hai que enfrontar a unha extrema dereita da “motoserra” do “trumpismo” local (PP VOX), que atenta contra todolos dereitos e conquistas da clase traballadora, especialmente das mulleres obreiras e disidencias.
As medidas adoptadas polo goberno “progresista”, aínda que axudaron a visibilizalo, non resolveron o problema; as cifras de mulleres asasinadas e/ou agredidas, violadas ou acosadas continúa ano tras ano. Por iso, é tamén unha loita fronte a la “podadora” dun goberno que tivo 8 anos para acabar coas ameazas aos dereitos de todas e só adoptou medidas paliativas; é máis, non limpou a xudicatura de xuíces machistas e neo franquistas, os mesmos que levan 8 anos desatando un “golpe xudicial” contra el, permitindo nos feitos que continúe a violencia xudicial contra as vítimas de agresións machistas, violacións e contra as disidencias.
Ao ver a violencia machista como algo exclusivo das relacións patriarcais, esas medidas cínguense a esta perspectiva, cando a realidade é que nace de las mesmas estruturas do sistema capitalista. Aínda que adopte formas democráticas, baséase na opresión, a explotación e o sometemento da maioría por uns poucos para manter os seus beneficios, o control económico e social, especialmente no caso das mulleres traballadoras, racializadas e disidencias.
Así, a disputa entre os capitalistas imperialistas de todas as potencias pola hexemonía mundial, da que o goberno PSOE SUMAR fai parte cun gran gasto militar, e por colonizar pobos está a provocar guerras e xenocidios, dos cales o palestino é o máis coñecido. A máxima expresión da devandita violencia vívena as mulleres e nenas: agresións directas, asasinatos, violencia reprodutiva, abusos sexuais e violacións, …, non só produto directo da guerra, senón que transcende a centros de detención e refuxios, supostamente “lugares seguros”.
Neste camiño, a extrema dereita trumpista/sionista fala claro: “imos acabar con todos os dereitos sociais, políticos e económicos” da poboación, e para iso ímonos a rearmar ata os dentes, gastando en armamento o que sexa necesario (o 5% do PIB) a costa dos dereitos das maiorías sociais. Tras nega-la violencia contra a muller vai aniquilar o dereito das mulleres traballadoras a decidir sobre o seu propio corpo, a desmembra-la organización e as conquistas acadadas estes anos. Está a dicir que a súa economía de guerra está por encima de achegar recursos para loitar contra a violencia machista en todas as súas expresións.
O 11 N ao centrarse na vivenda, os salarios e os servizos públicos como xornada de loita da clase obreira e a maioría social, puxo o dedo na chaga na loita contra a violencia machista. O poder acceder a un dereito como é a vivenda, facilitaría o afastamento dun agresor, un salario digno permitiría á muller agredida a non estar obrigada a convivir co seu agresor, e uns servizos públicos dignos de tal nome, e non o que temos grazas á política de “colaboración público-privada” do actual goberno, facilitaríalle acollerse a medidas de apoio e paliativas, fronte a agresión e o acoso. A estas medidas parciais hai que unirlle a necesidade de limpar o poder xudicial dos seus membros machistas e reaccionarios, que son a columna vertebral do réxime do 78.
Estas medidas, aínda sendo progresivas, non resolverían o problema, posto que enraíza no sistema no que as mulleres -especialmente as racializadas-, son o sector máis explotado da clase obreira. Por iso, tamén contra a violencia machista o camiño é o da transformación socialista da sociedade, acabando coas relacións sociais de produción actuais de las que se derivan en toda clase de violencias sociais, económicas, institucionais e estruturais cara á muller traballadora.
Sería necesario un goberno que non tivese medo a expropiar aos grandes posuidores de vivenda, tanto os fondos de investimento, como bancos, etc., creando un Parque Público de vivenda social (cunha reserva para as mulleres agredidas); que blinde os alugueiros cun tope máximo do 10% do SMI; que suba o salario mínimo de xeito que se poida acceder sen ningún problema; que teña como obxectivo a acabar coa “colaboración publico privada” dos servizos públicos, nacionalizándoos baixo control das organizacións sindicais e de usuarios e usuarias, que derrogue todas as leis restritivas dos dereitos sociais e políticos (lei de estranxeiría, lei mordaza, …).
Ante o 11N xurdiron en moitos barrios, centros de traballo e facultades, Comités Unitarios de Folga que incorporaron reivindicacións propias; a continuidade na loita por unha vivenda digna, polos salarios e os servizos públicos, teñen que incorporar como unha esixencia clave, a loita contra a violencia machista e a defensa dos dereitos das mulleres e do colectivo LGTBIQ. Non se poden entender Comités de Loita que non teñan como aceno de identidade esta loita.
As organizacións de mulleres, do colectivo LGTBIQ, xunto coas organizacións obreiras e estudantís, deben nutrir estes Comités para frear en seco, primeiro a gran ameaza que supón o “trumpismo local”, e segundo, para enfrontar calquera goberno que baixo a roupaxe de “progresismo” desnaturalice a loita contra a opresión que sofren as mulleres e o colectivo LGTBIQ.
O 25 N é un día moi importante para cravar outro cravo na tumba desa extrema dereita, xa tocada polas loitas pola vivenda e a Folga Xeral, e lanzar un aviso ao novo goberno: a mobilización na rúa é o único camiño en defensa dos nosos intereses.
GOBERNE QUEN GOBERNE OS DEREITOS DEFÉNDENSE!