Comunicado diante do cesamento de fogo no Oriente Próximo
Despois de 40 días de guerra en Oriente Próximo, acordase un débil cesamento de fogo entre os EEUU e Irán, que Netanyahu aceptou o seu pesar. O cesamento é unha vitoria parcial de Irán, son os seus 10 puntos por eles propostos, co acordo previo de Pakistan e China, o marco para abrir as negociacións.Ainda así, o cesamento de fogo é tan débil que xa comenzaron as violacións ao acordo, coa negativa de Trump de que Irán continuara co enriquecemento de uranio ou a entrada dun dron israelí no espazo aéreo iraniano. O tempo Trump ameazaba con “o maior ataque xamais visto” se Irán non cumpria o acordo alcanzado. Pola súa banda, Israel lanzaba un demoledor ataque aéreo contra o Líbano baixo a mentira de que o (frente) libanés non estaba incluído no acordo, porque o sionismo sabe que o que se xoga e a súa existencia como Estado.
Dixera o Che que do imperialismo non te podes fiar “ni un tantito así”, e semella que a burguesia imperialista ianqui valorou dar un paso atrás, dado que a guerra estaba provocando unha profunda crise interna nos EEUU: 8 millóns de persas na rúa fai uns días, a dimisión e o despedimento da metade da cupula militar do Pentágono, o comezo dun proceso de impeachment (xuízo político como o que provocou a dimisión de Nixon tras a guerra do Vietnam) contra o “ministro da guerra” ianqui, e unha profunda crise económica provocada por unha guerra que so interesaba a Israel e os sectores sionistas da burguesia estadounidense.
A burguesia ianqui -lembremos que a clase burguesa é mais que a oligarquía tecnoloxica- impuxo o paso atrás, non para perder a guerra polo repartición do mundo, non lle van a regalar a China nada, senón para evitar que a Administración estadounidense liderada polo descerebrado de Trump acelerara esa derrota, que era o que estaba en xogo en Irán: unha derrota estadounidense diante dun aliado estratéxico de China e Rusia, Irán, coa ameaza mais que evidente de substituir o “petro dólar” polo “petro yuan”.
E agora que?
No conflito interimperialista China sae reforzada, foi o acordo entre Pakistan e eles quen abriu as portas ao cesamento do fogo, permitindolle aparecer diante do mundo como o “pacificador” no nome da “legalidade internacional”, que non é outra que a “legalidade” que permitiu o longo destes 80 anos multitude de agresións imperialistas contra os pobos.
Mas, o decisivo é o que aconteza dentro dos EEUU, atravesado por umha crise política que vaise profundar: é, tamén, umha vitoria das millóns de persoas que saíron ás rúas das cidades estadounidenses o pasado 28 de marzo.
O síntoma de debilidade que demonstran os agresores ianqui-sionistas ten que ser aproveitado polos pobos para afondar no antiimperialismo, principalmente o pobo palestino, saharauí e o mesmo pobo iranio.
Neste cadro, o goberno español, Pedro Sánchez en concreto, sae reforzado, pois foi o primeiro dirixente político europeo que tomou distancias fronte a Trump. Mas, como sempre fai, cumha política de dobre moral: fala de “non á guerra” e mantén a política de rearme dentro da OTAN, establece un “escudo social fronte a crise” que reducese a rebaixar o IVE dalgúns produtos favorecendo a especulación dos distribuidores (Mercadona e as gasolineiras á cabeza), mentres, negase a decretar un control dos prezos e o IPC disparase ao 3.3%, convertindo en papel mollado os convenios colectivos asinados nestes meses. O final quen paga o “escudo social” son os traballadores e traballadoras coa perda de poder adquisitivo.
Mais aló de treguas temporais, a loita contra as guerras imperialistas e a economía de guerra ten mais actualidade que nunca, polo que hai que desenvolver un movemento contra o imperialismo, comenzando por enfrentar o propio imperialismo, cun carácter unitario, aberto e desde a base que se organice nos centros de traballo e estudo, e barrios obreiros e populares,.
Mas, non calquera antiimperialismo; as loitas dos pobos pola súa liberación son inseparables da loita da clase obreira; as burguesias nas nazóns oprimidas só buscan negociar en mellores condicións coas potencias imperialistas, sexa a que sexa, non acabar con elas; por iso non se pode confiar en ningún estado burgués.
Nun mundo no que a causa das guerras é a propia crise do sistema capitalista, manifestado no conflito entre as potencias imperialistas pola hexemonía no mercado mundial, só a loita independente da clase obreira pola transformación socialista da sociedade, á cabeza dos sectores oprimidos, pode sentar as bases dunha paz verdadeira.