Nin salarios polo chan nin alugueres polas nubes
LOITEMOS POR UNHA VIVENDA DIGNA
Nin salarios polo chan nin alugueres polas nubes
LOITEMOS POR UNHA VIVENDA DIGNA

A loita polo dereito á vivenda, protagonista da loita social a partir da crise do 2008 contra os miles de desafiuzamentos, continua nos últimos anos no rexeitamento ante a abusiva subida dos alugueres. Na actualidade, mentres os salarios mantense ao redor do SMI (1200 €), as medias do aluguer supoñen entre un 65% e un 95% do salario. Esta situación é inasumible para calquera persoa que dependa dele.
Entendendo, ademais, que nos atopamos no medio da disputa pola hexemonía mundial entre as grandes potencias imperialistas (EEUU, Rusia, China, os imperialismos europeos agrupados na UE,…), só cabe esperar que a situación habitacional, lonxe de resolverse, vaise a agravar. Cada euro destinado ás políticas de rearmamento postas en marcha por todos os gobernos da UE -o do Estado español incluído- irán contra calquera medida laboral ou social, xa sexa nas loitas polo convenio (metal, comercio téxtil, alimentación, etc.), educación (folgas no Pais Valenciá ou, especialmente, as do 0-3), sanidade contra o seu desmantelamento e, por suposto, a vivenda. Levamos anos escoitando que debemos axustarnos o cinto, e que non hai diñeiro para melloras sociais, pero está claro que si o hai, pero conscientemente destínase á industria da guerra.
Neste momento todas as reivindicacións pasan, dun modo urxente e necesario, por agrupar as loitas baixo premisas antiimperialistas e contra o rearmamento. Doutro xeito, as posibles conquistas converteranse en papel mollado cando cheguen os axustes para asumir o pago da débeda xerada polos investimentos en armamento. Para iso está o art. 135 da Constitución, aprobado polo PP e o PSOE, antepondo o pago da débeda a calquera outro gasto.
Debemos loitar por medidas reais que non sexan lavados de face, e para iso é preciso reformularnos a lóxica do sistema capitalista: apostamos pola necesaria desmercantilización da vivenda, que é un dereito básico para calquera persoa, e en concreto para a clase traballadora. Por iso, hai que actuar contra as leis que a converteron nunha mercadoría, derrogando a lei Boyer, que liberalizó os alugueres, e a lei do chan de Aznar, que converteu todo o chan en urbanizable, abrindo a porta á privatización e a especulación.
O pago das necesidades básicas, das que a vivenda é unha delas, é cada vez máis insoportable para as familias obreiras, por iso debemos esixir unha subida xeneralizada e continua de salarios acorde ao custo real da vida, unha “escala móbil de salarios”. Neste sentido, as organizacións sindicais deben defender a implementación desta escala móbil como unha ferramenta para que a clase obreira non siga empobreciéndose, perdendo poder adquisitivo, acompañado da esixencia de topes aos prezos na “canastra básica” como alimentación, vestido, etc.
Agora ben, no caso da vivenda, pola salvaxe subida dos alugueres, faise necesario esixir, non só o establecemento de topes aos prezos, senón a súa baixada inmediata e xeneralizada. Por iso, as medidas do goberno PSOE SUMAR, por exemplo as aplicadas nas chamadas “zonas tensionadas”, son meros parches que enganan á sociedade que, ademais, susténtanse en bonificacións fiscais aos propietarios, resultando que as raquíticas baixadas terminámolas pagando entre todos e todas con diñeiro público. A única maneira de garantir o poder adquisitivo da clase obreira pasa por vincular ao salario o tope de gasto en vivenda que non debe superar, en ningún modo, o 10% do SMI.
Dinnos que hai escaseza de vivenda e que isto encarece os prezos. Mentira!; si existen, hai centos de miles de pisos baleiros que seguen en mans de bancos, especuladores inmobiliarios e organizacións estatais como o SAREB. Doutra banda, non debemos esquecer que a vivenda leva vinculada unha serie de servizos necesarios para a nosa subsistencia, como a luz ou a auga, que deben estar blindados. A nacionalización, tanto do chan como da vivenda, xunto coa das subministracións, ten como obxectivo a creación dun Parque Público de Vivendas controlado polas organizacións obreiras e veciñais.
Desde GTR – CI entendemos que o único modo de dar solución ao problema da vivenda, como ao resto das loitas sociais, pasa por plantar cara a este sistema e resolver de raíz os problemas estruturais que carrexa. Para iso é imperante forxar a unidade da clase obreira e das súas loitas, pois todas teñen a mesma orixe, e están a sufrir os ataques derivados da situación internacional e a súa economía de guerra.
En concreto, é necesario profundar na organización desde a base e a súa coordinación dun modo sostido no tempo e centralizando convocatorias, como no caso da que vivenda que ten un carácter estatal; cada unha coas súas propias reivindicacións, pero co foco posto nos eixos comúns que as unen.
É necesario que as distintas organizacións que facemos parte destas loitas (organizacións obreiras, sindicais, xuvenís, sociais, veciñais, etc.) levemos aos barrios, centros de traballo e estudo, etc., todas estas reivindicacións e, desde aí, levantar unha alternativa independente e internacional capaz de levalas a cabo até as últimas consecuencias.
Nin casas sen xente, nin xente sen casas!
Por un Parque Público de Vivendas dignas e alcanzables!
Gastos Militares para vivendas sociais!