A clase obreira italiana marca o camiño.

A clase obreira italiana marca o camiño.

O luns 18 de maio, coincidindo co ataque do Estado xenocida de Israel á Flotilla Global Sumud e co secuestro da súa tripulación, tivo lugar en Italia unha nova folga xeral en apoio a Palestina baixo o lema “Paremos todo”, convocada pola Unión Sindical de Base (USB) – un sindicato cunha forte presenza entre os traballadores portuarios de Xénova, vangarda da loita polo pobo palestino – entre lemas de apoio á Flotilla e contra Meloni. A folga notouse especialmente nos sectores da sanidade, a educación e o transporte público, con cidades como Roma parcialmente paralizadas. O sindicato USB esixe que o goberno de Meloni poña fin á complicidade de Italia no xenocidio e abandone as políticas destinadas a impulsar o plan de rearmamento europeo. Exixe ao goberno que bloquee todas as cadeas de subministración económicas, industriais, loxísticas, tecnolóxicas, académicas e comerciais con Israel e que os recursos destinados ao impulso armamentístico se invirtan en ámbitos como servizos públicos, pensións, seguridade no traballo, vivenda, sanidade e educación.

Nós, en GTR-CI, saudamos a recente Huelga Xeral en Italia; porque corresponde á clase obreira —alí, aquí e en todo o mundo— liderar a loita para poñer fin ao xenocidio do pobo palestino —obrigando aos nosos gobernos burgueses a romper completamente co estado nazi-sionista de Israel— e poñer fin de todo ás políticas irracionais de rearmamento e militarización que perseguen estes mesmos gobernos. Porque o interese da clase obreira non está na guerra, senón en garantir o respecto á soberanía e á autodeterminación dos pobos, e por iso estamos en contra de calquera intervención imperialista. Porque somos nós, a clase obreira, quen xeramos toda a riqueza neste sistema capitalista, e non queremos que se use nin un só euro para financiar o rearme, xa que as bombas, os mísiles e as balas non serven para satisfacer as nosas necesidades básicas. Só traen destrución e morte á nosa clase. Contra a política de rearmamento, como berramos nas manifestacións: O gasto militar, para escolas e hospitais!