8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA NON Á GUERRA IMPERIALISTA E O REARME

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA NON Á GUERRA IMPERIALISTA E O REARME

Este 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, saímos á rúa a loitar polas nosas condicións de vida e a gritar ben forte contra o rearmamento, a economía de guerra e en defensa dos servizos públicos.

O imperialismo yankee en decadencia na disputa pola hexemonía mundial contra o imperialismo chinés, está a desatar unha guerra de grandes proporcións en Oriente Próximo co ataque a Irán que mergúllanos de cheo nun dos períodos mais convulsos dos últimos tempos. No noso día a día instaláronse a incerteza, os horrores dun xenocidio na Palestina, alen dos tambores de guerra mundial que ameazan á humanidade, baixo o dilema: socialismo ou barbarie.

As mulleres traballadoras debemos ter unha clara e firme posición antimperialista. Non imos quedarnos caladas ante o devastador afán colonialista das grandes potencias imperialistas como EEUU, China ou dos imperialismos Europeos.

Este 8 de Marzo denunciamos e enfrontamos os seus ataques aos pobos xa sexan os ataques a Irán, o xenocidio en Palestina, o asalto e intervención de Venezuela, ou as delirantes ameazas con ocupar Groenlandia que son un aspecto dos ataques ao conxunto da clase traballadora mundial, como é a decimonica reforma laboral de Milei en Arxentina ou as “cacerias” do ICE de traballadoras e traballadores migrantes nos EEUU.

O antiimperialismo no Estado Español lígase á sua responsabilidade directa nun proceso de descolonización que aínda non terminou, o do Sahara, dado que continua sendo potencia administradora e onde a metade das empresas do IBEX 35 teñen negocios

Un dia como hoxe hai que manifestar o noso apoio ás mulleres Palestinas, ás Saharauís, ás de Irán, ás migrantes en EEUU e todas as mulleres do mundo que loitan contra as políticas de opresión e explotación do sistema capitalista.

Este 8 de marzo as mulleres obreiras opómonos firmemente aos tambores de guerra e ao rearmamento denunciando as políticas e economías de guerra, froito da necesidade das grandes potencias do negocio armamentístico ante a crise do sistema capitalitas.

Un rearmamento que vai financiarse á conta do endebedamento público e dunha subida dos prezos que golpeara sobre os salarios das traballadoras e traballadores, convertendo en papel mollado os convenios asinados. Debemos lembrar que tras a reforma pactada entre PP e PSOE en 2011 do articulo 135 da constitución española, o pago da débeda anteporase a calquera outro gasto, polo que suporá o recorte nos recursos dos servizos públicos como a educación, a sanidade, servizos sociais e, por suposto, afectará tamén aos servizos e axudas destinados aos coidados dos nosos pequenos, dependentes e maiores.

Este ataque á clase obreira no seu conxunto, vai afectar as mulleres traballadoras especialmente, pois somos as que veremos como a dobre carga de traballo, a laboral e a de coidado, verase incrementada recaendo así dobremente sobre nós as consecuencias destas políticas.

Os “tambores de guerra” como o auxe da extrema dereita son síntoma da decadencia e a crise do sistema capitalista, porén é un día de loita da muller traballadora contra as políticas da extrema dereita, que pretenden atacar sen pudor os nosos dereitos e conquistas mais elementais como o dereito a folga, coacción e persecución da actividade sindical, eliminación de plans e medidas de igualdade, maternidade e dereito ao aborto, persecución e criminalización da clase obreira inmigrante e das persoas LGTBIQ.

Os gobernos progresistas, como o do PSOE SUMAR, a pesar de medidas cosméticas e parciais, aceptan de cheo a lóxica da “economia de guerra” e están a gastar miles de millóns na industria do armamento (Indra, Navantia,  UROVESA, etc.), e non rompen os acordos que os ligan a imperialismo euro norteamericano como é a OTAN. Diste xeito, abren a porta ao crecemento da extrema direita e aos “tambores de guerra” que ameazan ás poboacións.

Por ultimo, queremos saudar nun día como hoxe,  as loitas das traballadoras do comercio textil de A Coruña, como as traballadoras da conserva, un colectivo no que o 70% do persoal son mulleres e que estivo recentemente en loita polo seu convenio colectivo, para romper a brecha salarial de xenero e por un incremento salarial que adecue o poder adquisitivo das traballadoras á realidade social. Esta loita supuxo un enfrontamento coas direccións sindicais de CCOO e UXT, que  desconvocaron a folga para asinar unha negociación insuficiente, como se demonstra coa suba dos prezos que a guerra vai xerar, e unha paz social que supuxo a desmovilización.

 

En defensa da sanidade, a educación e os servizos públicos!

Que viva a loita da muller obreira!

GOBERNE QUEN GOBERNE, OS DIREITOS DEFENDENSE