Convenio da Conserva A LOITA CONTINÚA
Convenio da Conserva A LOITA CONTINÚA
Despois de meses de ameazas con folgas e mobilizacións, as direccións de CCOO e UXT asinaron un convenio a cinco anos que significa un pacto/convenio de “paz social” que ten consecuencias para o noso nivel de vida.
CCOO defendía, poucas semanas antes, unha suba do 5% dos salarios e o que asinou foi: aumentarán un 12,9% hasta 2030, é dicir, unha media de 2.5%. Para xustificar, elaboran un mecanismo de corrección coa referencia do IPC que foi do 2.7% . Mas, a realidade é que o principal do gasto das familias traballadoras, alimentación e vivenda, a suba foi moi superior mesmo ao 5% reivindicado. Nos últimos 5 anos o custe na alimentación foi do 38% e para a vivenda este ano 2026 está previsto un 7%. Unha simple conta desmonta todas as suas falacias.
Asi, en vez de subas automáticas mes a mes, segundo coste real da vida, establécese un sistema de pago de atrasos ao final do ano: mas a vida sube dia a día, e mentres chega final de ano a clase traballadora vai facendo prestamos á patronal pola vía da inflación.
Ademais, un acordo a 5 anos baixo a politica do goberno e unha Xunta que apostan abertamente polo que se chama “economía de guerra”, para financiar un rearme fronte a un suposto ataque de Rusia, fai del papel mollado que pode romper en calquera momento.
Os gastos militares que acordaron na UE de 800 mil millóns de euros en armas, que ao Estado Español correspondelle a sua parte, vanse financiar con recortes nos servizos públicos, dalgún lado teñen que saír diñeiro, e o aumento do coste da vida real que o IPC non recolle. É dicir, van saír das condicións de vida e laboral das traballadoras e traballadores.
A desconvocatoria das mobilizacións e das folgas polas cupulas de CCOO e UXT permitiulles negociar sen presión das traballadoras e traballadores, e asi saiu o unico que podia saír, un convenio que non só non resolve nada, senon que é un retroceso nas nosas condicións salariais e de traballo. Non resolven nin a fenda de xenero; a través de mecanismos complicados evitan o unico criterio que para solucionalo, a esixencia de “a igual traballo, igual salario”, o que suporía a igualación total das categorías que fagan o mesmo traballo.
As enquisas feitas nos grupos, as poucas asembleas de fábricas ou a mesma asemblea de delegados e delegadas de CCOO onde rexeitaron o acordo asinado polas cupulas de CCOO e UXT, a manifestación de Vilagarcia, … foron unha demonstración de que había forza para moito mais, se estas cupulas non fosen parte do problema e non da solución.
Na situación actual de “economía de guerra” non colle a opción de “esperemos á negociación dentro de cinco anos”: a loita por todos os medios, na rúa, xurídica, etc., comeza agora. Xa non existen liñas vermellas para os empresarios e gobernos, dispostos a todo para aumentar os seus beneficios.
Por iso, todas as organizacions sindicais e os grupos de traballadores e traballadoras que rexeitano “pacto/convenio”, teñen que se organizar unitariamente para preparar a loita contra ese pacto/convenio e defender as reivindicacións que tiraron o lixo as direccións de CCOO e UXT, cun primeiro paso, umha campaña de asembleas nas fábricas onde se voten mocións contra o pacto.