Un 1º de maio contra as guerras imperialistas e o rearme. Organización e loita da clase obrera!

Un 1º de maio contra as guerras imperialistas e o rearme organización e loita da clase obrera!

 

 

Ó tempo no que diversos sectores da clase traballadora están en loita polos seus direitos, salarios e en defensa dos servizos públicos (comercio, metal, ensino, sanidade, educación infantil – coma a loita de “pola dignidade de 0-3”-, etc.), os conflictos entre as potencias imperialistas, como a agresión contra Irán, extenden polo mundo umha idea: a loita pola hexemonía no mercado mundial resólvese pola vía da guerra.

 

 

Aínda que algumha potencia como China todavía procure saidas “diplomáticas”, é a antesala dun probable enfrentamento militar aberto entre ambos imperialismos – xa ten consecuencias directas nas nosas condición de traballo e vida-  que podería profundizar na barbarie debido á existencia de armamento nuclear, feito que todo-los imperialismos teñen presente.

 

 

Somos testigos de diferentes choques a menor escala, por delegación, nos que empréganse para iso ás nacións oprimidas, cuxas burguesías colaboran coas potencias imperialistas co obxetivo de satisfacer os seus propios intereses económicos e xeopolíticos, o que fai delas parte do problema e non da solución, e inimigas dos direitos nacionais. Exemplos diso son: Ucrania, conflicto no que chocan Estados Unidos, Rusia y la OTAN ; Irán que  está apoiada abertamente por Rusia e China; no Sahel e Centro Africa o enfrentamento entre as “guerrillas jihadistas”, financiadas por EEUU ou Francia, chocan con estados dependentes do capital chinés ou dos grupos armados rusos.

 

 

Neste cadro de aumento crecente das saídas militares ás contradiccións interimperialistas fai da Unión Europea e o Estado Español un actor de segunda fila pola sua relativa debilidade militar; décadas de dependencia europea do exército estadounidense que, tras 1945 nunca se foi, onde mantén despregadas miles de forzas de ocupación e ducias de bases militares.

 

 

O combustible de esta tendencia militarista é a decadencia da potencia imperialista ate hoxe hexemónica : os EEUU. Co desguace do seu dominio absoluto incrementase a sua belicosidade unilateral nas agresións a pobos e nazóns oprimidos, desde o ataque a Irán ate a intervención de Venezuela e o secuestro de Maduro, o bloqueo naval a Cuba, e a conversión en cascaróns valeiros ás institucións construídas nestes anos, coa ONU e a OTAN á cabeza.

 

 

A procura de saídas militares aos conflictos fai que todos os estados, e especialmente os imperialistas, busquen o rearmamento como única garantia de “ser alguén” no novo repartimento do mundo: ou tes un exercito poderoso ou non contas no reparto e perdes papel nel. Neste senso, o Estado español está perdendo a sua influencia en Marrocos fronte aos EEUU e Israel, porque non pode ofrecerlle o que estes poden darlle: apoio militar fronte o seu veciño Arxelia ou na guerra contra o pobo saharaui.

 

 

O aumento do gasto militar ao 5% do PIB aprobado na OTAN para o Rearme, a reintroducción do servizo militar en estados europeos e as propostas de construir un “exercito europeo” apuntan nesa dirección: a maioria da UE e o Estado español precisan dunha forza militar que poda competir cos grandes exercitos estadounidense, ruso ou chinés.

 

 

Este plan de economía de guerra, de rearme, supón poñer todos os recursos das nazós ao seu servizo e ten profundas consecuencias na vida cotiá. Os convenios colectivos asinados hoxe e os que están en negociación baseanse no IPC do ano pasado, o 2.7%; mas a agresión a Irán xa disparou a inflación nun 3.3% e continuará aumentando. Todo o que as cúpulas sindicais asinen será papel mollado e o esforzo de guerra será financiado coa perda de poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras. Por iso é necesario loitar pola suba automática dos salarios -escala móvil de salarios- e non esperar a fin de ano ás clausulas de “actualización”: os prezos suben día a día, non ano a ano.

A perda de poder adquisitivo virá, tamen, pola via do aumento do gasto militar, un gasto improductivo que non xera riqueza, so serve para matar e destruir. Mas si xera beneficios ás grandes empresas e bancos; é o estado quen garante a compra das armas e os bancos as financian con diñeiro que sae dos impostos. Poñer todos os recursos o servizo do rearme resta investimentos nos servizos publicos, sanidade, educación, dependencia, …, que xa levan décadas sendo desmanteladas e privatizadas, acelerando este proceso.

 

Galiza (como tamén Portugal) xogan un papel destacado no plan de rearme europeo. Primeiro pola riqueza no seu terreo das chamadas “terras raras”, básicas para a industria militar. Así, na zona de Ourense e o nordeste de Portugal ha unha ofensiva para o desenvolvimento da minaria, retorcendo para elo a lexislación e a costa de graves consecuencias para o medioambiente. En segundo lugar, Galiza ten umha industria militar tanto propria, Urovesa principalmente, como allea, NAVANTIA e a fábrica que Indra está construíndo en Vigo para producir chips de uso militar, ou o centro de drones de As Rozas (Lugo). Por último, hai que tener en conta que é umha zona xeográficamente estratéxica: o chamado “corredor de Fisterra”. É unha das zonas marítimas máis transitadas do Europa (36 mil buques o ano), e todos teñen que reportarse diante da Torre de Control Marítimo de A Coruña. A guerra de Irán demonstra a importancia que ten para a economía mundial pasos de maritímos como o de Ormuz ou, en menor medida, o de Fisterra; por iso, o Estado español vai converter as bases navais de Ferrol e Marín en bases OTAN, para que podan recalar nela os grandes buques de guerra como os portaavións.

 

O Goberno do PSOE SUMAR, mesmo cando estaba Podemos no goberno, baixo a palabra de orde “non á guerra” e o rexeitamento formal do 5%, agocha umha gran hipocresía; fai parte da OTAN e continuará aumentando os gastos militares, ata onde sexa necesario, para cumplir cos compromisos da alianza. Non rompe relacións con Israel nin executa o embargo de armas, convertíndose así en cómplice do xenocidio do pobo palestino e da agresión militar contra o pobo libanés; reforza o seu apoio á dictadura marroquí na ocupación do Sáhara e fai parte activa do apoio ao eixo OTAN-Zelenski en Ucrania.  

 

A clase obreira, todas aquelas persoas asalariadas que vemos como empobrecennos cada vez máis, témonos que poñer á cabeza da loita contra as guerras imperialistas e o rearme, no apoio aos pobos agredidos polas potencias imperialistas como fixeron os estibadores en Italia nas folgas a prol do pobo palestino: hoxe o pobo saharaui, palestino, iraní, libanés, cubano ou venezolano, e marcar a lume vivo que, baixo o sistema capitalista en decadencia, a guerra vai ser a norma e non a excepción.

 

Neste camiño, é necesario construir un movemento antiimperialista unitario e desde a base, desde os centros de traballo, estudo e barrios, que recolla tanto as exisencias da clase obreira en defensa das súas condicións laborais e de vida- de mantemento do seu poder adquisitivo e os seus direitos sociais e políticos como a defensa da sanidade, a educación, as pensións e os servizos públicos- como as dos pobos en loita pola sua soberanía.

 

Dito movemento debe partir da denuncia do noso propio imperialismo e da UE, esixindo ó goberno do Estado español que os gastos destinados ó rearme militar sexan empregados para financiar os nosos servizos públicos e dereitos sociais. Din o goberno: “non á guerra”, pois iso significa saír inmediatamente da OTAN, desmantelar toda-las bases militares en territorio español, e executar dunha vez por todas un embargo real e efectivo de armas con Israel, rachando todas-las relacións co Estado nazi, contribuíndo así, máis aló das palabras, co fin do xenocidio.

 

A clase traballadora e os pobos non podemos confiar nas boas palabras de ningún goberno, por iso temos que organizarnos de modo independete, como clase traballadora, e mobilizarnos masivamente contra as políticas imperialistas e de rearme, baixo a perspectiva da loita polo socialismo, dado que tan só por esta vía poderase rematar coas guerras.

 

¡Organización e loita da clase obrerira!