Apoio ás mobilizacións en lembranza da Nakba
Apoio ás mobilizacións en lembranza da Nakba

O 29 de novembro de 1947, baixo a Resolución 181, a ONU, creaba o Estado de Israel co voto a favor das grandes potencias do momento (EEUU, URSS, Franza, salvo Gran Bretaña, que abstivose), provocando entre a poboación palestina o que se coñece como a Nakba, a “catastrofe”, cando mais de 700 mil persoas tiveron que abandonar a sua terra.
Mas a Nakba non é historia, é presente, o longo destes mais de 70 anos o Estado sionista de Israel leva provocando fuxidas de millóns de palestinos e palestinas, que inzan os campos de refuxiados dos paises veciños, ate chegar o xenocidio brutal actual de Gaza, onde a Nakba perde o seu nome e convirtese nun crime contra a humanidade.
O xenocidio palestino insirese na crise que vive o capitalismo imperialista mundial, inmerso nunha guerra polo control da economía mundial entre as potencias imperialisas, e coa hexemonica á cabeza, os EEUU; foi unha mensaxe política a todos os pobos do mundo: están dispostos a traspasar todas as liñas vermellas na defensa do se poder mundial, incluido o xenocidio.
As “Catastrofes” que supuxeron o xenocidio e a expulsión de pobos enteiros non son umha excepción, son a regla dun sistema que só sabe viver explotando á clase traballadora e o saqueo dos pobos; sen remontarnos a un lonxano pasado, e moi perto de nós, o Estado Español foi, e continua sendo, complice activo dumha “catastrofe” no Sahara, cando entregou o territorio saharaui a Marrocos e este provocou a expulsión da sua terra de milleiros de persoas.
Mas, na sua decadencia, os gobernos imperialistas e os seus axentes provocan que as “catastrofes sociais” extendanse polo mundo como un regueiro de polvora, desde a propia Palestina e agora o Libano ou Siria, ate Centro Africa e o Sahel, e voltando ao proprio Sahara.
A clase traballadora dos estados imperialistas e capitalistas non son alleos á doctrina do shock: o estado aleman ven de anunciar un recorte brutal nos servizos sociais ao servizo do rearme e a guerra, o mesmo estado que apoia sen reservas o estado sionista. A Arxentina de Milei estase convertendo nun “estado fallido” cun aumento da pobreza a ritmos arrepiantes.
A denuncia da “nakba” palestina, libanesa, saharaui, centro africana, etc., e a conquista dunha Palestina Laica, Democrática e non Racista fan parte da loita pola revolución socialista en Oriente Próximo, e a da clase traballadora nos estados imperialistas contra a miseria e o saqueo; por iso, chamamos a participar na Concentración que BDS convoca o vindeiro 15 de maio, nas Conchiñas, ás 8 da tarde.